Xavier LabandeiraFoto: Miguel Riopa
Son catedrático de economía na Universidade de Vigo e director do centro interuniversitario galego de investigación en ciencias sociais ECOBAS. Son tamén director de Economics for Energy, un centro de investigación privado especializado na análise das cuestións enerxéticas. Son investigador afiliado ao CEEPR do MIT e membro do Consello Científico do Real Instituto Elcano. Formei parte do Grupo Intergubernamental sobre Cambio Climático da ONU (IPCC) para a elaboración dos seus Quinto e Sexto Informes de Avaliación (respectivamente completados en 2014 e 2022). Asemade, dirixín a Florence School of Regulation-Climate no European University Institute de Florencia entre 2014 e 2017. A miña investigación sitúase na fronteira entre a economía climática, pública e enerxética: Publico nas principais revistas académicas do meu campo e participo asiduamente, en moitos casos como organizador, en congresos e seminarios académicos. Teño dirixido abundantes teses doctorais e proxectos de investigación, públicos e privados, e realicei estadías en varias universidades internacionais. Sempre perseguín que o meu traballo académico resposte, con rigor e neutralidade, a necesidades sociais e conte cunha ampla difusión en medios de comunicación, compañías e decisores políticos. Neste senso, son membro do 'Policy Outreach Committee' de EAERE desde a súa creación en 2018 (Secretario Xeral desde xaneiro 2024). Ademais, fun membro do Comité de Persoas Expertas para a Elaboración do Libro Branco sobre Reforma do Sistema Tributario Español, presentado en marzo de 2022. A Academia Galega de Ciencias concedeume a medalla á traxectoria investigadora no ámbito económico e das ciencias sociais na sua primeira edición (2019).

Descargar CV
Galería de imaxes