Foto: Miguel Riopa
Benvida/o á miña páxina web.

En poucas palabras, que desenvolvo no meu perfil, son un profesor universitario interesado na creación e difusión do coñecemento no ámbito da economía climática, enerxética, e pública. O meu traballo guíase pola crenza en académicos polivalentes que combinen a produción de coñecemento socialmente útil, de calidade contrastada, coa súa transmisión coidadosa aos estudantes e con abundantes interaccións cos distintos axentes sociais.

Declaración sobre conflictos de interese: Aínda que parte das miñas actividades profesionais financianse desde institucións públicas e privadas, o meu labor académico fundaméntase no compromiso cos principios de independencia, rigor e neutralidade.

Descargar CV

NOVIDADES

Nova estadía de investigación en FSR Climate (EUI), Firenze, novembro-decembro 2025
Seminarios en: Universidade Keio (Tokio, Xapón, 4/5 novembro), Universidade de Hokkaido (Sapporo, Xapón, 6 novembro) e Universidade Yonsei (Wonju, Corea, 10 novembro)
Novos traballos sobre o ETS-2 e a fiscalidade da aviación