
A maior parte da miña docencia impártese nos ámbitos de economía pública e ambiental en graos e posgraos da Universidade de Vigo, aínda que tamén son e fun docente noutras universidades e institucións. Na actualidade son asesor, despois de ser o seu coordinador durante máis de sete anos, do
máster en xestión do desenvolvemento sustentable, un título oficial que busca preparar aos seus alunos para unha rápida e axeitada inserción no mercado laboral. Todos os materiais docentes que emprego están dispoñibles en MooVi (ver abaixo).
Acceso a MooVi