Aínda que principalmente aposto por publicacións en revistas de economía indexadas por JCR, de difusión internacional e alto impacto, tamén procuro adicar parte dos meus esforzos a publicacións de ámbito máis local ou divulgativo e á produción ou edición de libros. As primeiras versións dos meus traballos acostuman publicarse na serie de documentos de traballo de Economics for Energy e do Departamento de Economía Aplicada da UV.