
Son catedrático de economía na
Universidade de Vigo, onde pertenzo ao grupo de investigación
Rede e ao centro de investigación
ECOBAS. Na UV imparto docencia de economía pública e ambiental, e coordinei o
Máster en Xestión do Desenvolvemento Sustentable até 2014. Son tamén director de
Economics for Energy, un centro de investigación privado especializado na análise das cuestións enerxéticas. Participado por universidades, empresas e fundacións e cun estreito contacto con institucións similares internacionais, o centro busca crear e transmitir coñecemento riguroso, neutral e útil aos distintos axentes da sociedade española. Neste senso, son investigador afiliado ao
CEEPR do MIT. Formo parte do Grupo Intergubernamental sobre Cambio Climático da ONU (
IPCC) para a elaboración dos seus
Quinto e
Sexto Informes de Avaliación (respectivamente completado en 2014 e previsto para 2022). Asemade, dirixín a
Florence School of Regulation-Climate no
European University Institute de Florencia (2014-2017) e fun responsable da
Cátedra sobre Enerxía e Desenvolvemento Sostible na UV (2011-2019) e da
Cátedra sobre Economía do Cambio Climático en FEDEA (2007-2009). A miña investigación sitúase na fronteira entre a economía climática, pública e enerxética. Publico nas principais revistas académicas do meu campo e participo asiduamente, en moitos casos como organizador, en congresos e seminarios académicos. Teño dirixido abundantes teses doctorais e proxectos de investigación, públicos e privados, e realicei estadías en varias universidades internacionais. Sempre perseguín que o meu
traballo académico resposte, con rigor e neutralidade, a necesidades sociais e conte cunha ampla
difusión. Neste senso, son membro do
'Policy Outreach Committee' de EAERE desde 2018. Ademais, fun membro do
Comité de Persoas Expertas para a Elaboración do Libro Branco sobre Reforma do Sistema Tributario Español, presentado en marzo de 2022. A
Academia Galega de Ciencias concedeume a medalla á traxectoria investigadora no ámbito económico e das ciencias sociais na sua primeira edición (2019).
Descargar CV