Aínda que principalmente aposto por publicacións en revistas internacionais de prestixio no ámbito da Economía, tamén procuro adicar parte dos meus esforzos a publicacións de ámbito máis local ou divulgativo e á participación en libros académicos. As primeiras versións dos meus traballos acostuman publicarse na serie de documentos de traballo de Economics for Energy e do Departamento de Economía Aplicada da UV.